Thursday 16 de May de 2024

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais na parroquia de Cerqueda, no concello de Malpica de Bergantiños


Os inspectores de Augas de Galicia localizaron nunha inspección rutineira este punto que infiltraba ao terreo no entorno do río de Vaa

A Xunta vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais na parroquia de Cerqueda (San Cristovo), no concello de Malpica de Bergantiños.
Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, de Augas de Galicia, localizaron nunha inspección rutineira na rede fluvial do municipio, un punto que infiltraba ao terreo no entorno do río de Vaa.
O aporte contaminante viña polo vertido irregular das augas residuais asimilables a urbanas xeradas nunha instalación da zona.
Os técnicos da Xunta procederon á toma de mostra do vertido, verificando coa analítica incumprimentos dos valores límite de referencia e aportes de contaminación, ademais da presenza de restos propios de augas residuais na cuneta na que evacuaba o desaugue.
Tras as inspeccións de identificación da orixe do vertido, efectuadas xunto aos técnicos municipais, o persoal de Augas de Galicia verificou a irregularidade detectada, requiríndolle aos titulares a súa emenda.
Paralelamente, os técnicos autonómicos iniciaron una campaña de seguimento das actuacións realizadas pola propiedade para o selado da condución de vertido, verificand que as actuacións acometidas na instalación permitiron e o cese dos aportes contaminantes e a emenda do dito vertido.